InicioMOV. SOCIAISA Barbería Solidaria bate marcas para axudar á Asociación Coruñesa de Esclerosis...

A Barbería Solidaria bate marcas para axudar á Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Éxito rotundo da V Barbería Solidaria celebrada este sábado no Obelisco. Un evento que se viu beneficiado pola boa ubicación (polo Obelisco pasa máis xente que polos Xardíns, ocupados ademais coa Rede Acampa), e conseguíu a súa meirande recadación das 5 edicións celebradas.

Van máis de 4,500€ (conseguidos de 8€ en 8€, que era o que custaba cada corte) destinados á Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple-ACEM, a outra gran protagonista da xornada.

Segundo Mallo, ademais de ser o gran organizador xunto coa Asociación, foi o animador, o speaker, que foi presentando aos 61 barbeiros/as que perderon cartos e unnha xornada de traballo para participar nesta cita. Moit@s barbeir@s da cidade, pero tamén da Estrada, As Palmas de Gran Canaria, Ourense, Valladolid, Vigo, Lugo, Ortigueira, Arteixo, Córdoba, Alcorcón… xentes que se achegan pola súa conta ata aquí para vivir esta toda experiencia común.

Barbeiros solidarios 2023 Coruna

Entre as personalidades singulares, cómpre destacar a presenza de Lucas, o xogador do Dépor. Tamén estivo o alcalde de Sada, Benito Portela (Sadamaioría), que despois da súa investidura si tivo tempo para pasarse polo evento.
Por parte do Concello achegouse a última hora a Concelleira de Servizos Sociais Yoya Neira, á que ao equipo de barbeir@s agradeceu a colaboración con toda a parte de montaxe e técnica.

Lucas na Barberia Solidaria
Lucas na Barberia Solidaria

Máis info

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here